|
 |
 |
O Nadal pagán
Quen se lembra de cando naceu?
Agora coñecemos a data exacta na que viñemos ao mundo e estamos afeitos a celebrar o noso aniversario de nacemento e o da xente máis próxima. Pero non sempre foi así. En tempos de Xesucristo, non se facía ningunha festa por cumprir anos e nin sequera os pais lle daban a maior importancia á data de nacemento dos seus fillos. Mesmo moitos dos nosos abós e bisabós non tiñan nin idea de cando naceran. Os primeiros cristiáns tampouco celebraban o nadal, senón a pascoa de resurrección. Foi a partir do século II cando algúns cristiáns decidiron fixar a data do nacemento de Xesús. Como os evanxeos que tratan da infancia de Cristo, o de Mateo e Lucas, non achegan datos concretos, as primeiras datas que se postularon eran ben diferentes. Clemente de Alexandría proporía o 18 de novembro; outros, o 2 ou o 20 de abril e o 20 e 22 de maio. Os cronoloxistas exipcios optarían polo 28 de marzo. Os movementos gnósticos prescidirían ata do propio nacemento e farían descender a un Xesús xa adulto dos ceos no decimoquinto ano do reinado de Tiberio. |
 |
Dionisios, Osiris e Aion As comunidades de Alexandría, seguidas polos cristiáns de Siria e polo conxunto das comunidades de Oriente decidiríanse finalmente polo 6 de xaneiro... | | |
 |
|
« Portada |
 |