Un carguiño na Deputación, un príncipe azul, un tractoriño novo, unha televisión de calidade, moreas e moreas de diñeiro, que veña outro barco ou que non veña nunca máis... Isto é o que desexan os galegos e galegas que aconteza no 2004.
Esperta do teu sono
Que entre todos tomemos isto en serio e por fin Galicia salga do atraso no que nos teñen metido
Xose Anton. Pontevedra [01-12-2003]
ABRIR BEN OS OLLOS E .... VER
DESEXARIA QUE TODOS OS HABITANTES DA TERRA SE VISEN NOS DEMAIS
olga. a coruña [01-12-2003]
ABRIR BEN OS OLLOS E .... VER
DESEXARIA QUE TODOS OS HABITANTES DA TERRA SE VISEN NOS DEMAIS
olga. a coruña [01-12-2003]
dar
que desde Vieiros fagan a enquisa doutro xeito, p.ex.:
¿que lle darás ti ao 2004?.
Eu, como galego, dareille a semente do meu compromiso con unha Galiza ceibe de vellas ataduras pois, xa iba sendo hora, os tempos son chegados.
xosé andabao. a corunha [01-12-2003]
nuestros pueblos unidos
Desde Uruguay los saludo,deseando que sigan con esta pàgina que està muy buena.Y que el 2004 fortalezca el sentimiento hacia la Galiza,de orgullo por su cultura,(que los daños por la autopista sean mìnimos y que se anule el peaje de Rande),que es tambièn mìa porque era de mi abuelo.Que tambièn pueda visitar el pueblo de mis antepasados,y que en mi tierra vengan gobernantes para el pueblo.En fin,que el año nuevo encuentren nuestros pueblos unidos.
josè luis. Montevideo [03-11-2002]
2004 Galego
Somentes arelo para o 2004 unha Galiza máis ceive e digna, na qu poidamos rir, chorar, cuspir, berar e nos manifestar, amar ser amados en galego. Ser patriotas máis ca nunca, pois aínda que rematamos un novo ano de opresión castelá apresentase-nos outro ano de loita. No 2004, Saúde e Pátria!!!
Xogham. o bosque sacro de Lugh; Galiza [03-11-2002]
que morra Fraga
Porque xa vai sendo hora
Aloe. Vigo [03-11-2002]
Novo nacionalismo galego
Que o BNG se constitúa dunha vez en partido político, e que desaparezcan a UPG, EN, etc.
Eu. Vigo [03-11-2002]
Um filho
Depois de 3 anos à procura dum filho, desexo que venha co 2004
Marelinha. Pontevedra [03-11-2002]
Paz para Galiza e o Mundo enteiro...
Para a miña terra,unha Galiza ceive e dona do seu futuro, para o mundo, paz para todos, incluidos xudeos e palestinos, para min, sorte coa miña moza no noso pisiño, jjajaja, bo nadal !!!!!
DAVID. Pontevedra [03-11-2002]
Xubilación
Que Lotina se dea de conta de que o Osasuna é un equipo moito máis interesante có Celta para adestrar.
Sentimental. Láncara [03-11-2002]
Que se vaia esta tropa da gaivota carroñera
Que esta tropa de neolibarais encabezado polo imperialista Tío Sam (Bush), se vaian para o carallo, e que tódolos gansters (armadores da especie do prestige, Ladróns como os de Permalac, Corruptos como a tropa petrolera que está na Casa Blanca, Políticos como os do PP que están dando unha volta de parafuxo cara o fascismo, os que practican o terrorismo de estado e o terrorismo económico, etc. ) a todos eles que no 2004 estén na cadea por moitos anos. Quizais viviriamos un pouco máis felices..
Arrufo. lugo [03-11-2002]
xa¡¡
que morra o velho xa¡¡¡
eu. dende a costa [03-11-2002]
Chega de saudade
Que o meu amorzinho abra os olhos.
Uma,a jacarezinha. Pernambuco [03-11-2002]
GALIZA! DESPERTA XA!
Desexo mais que nada no mundo SALUD pra todos.
E despois que a miña terra desperte
e rexurda...
CECI. Tarragona [03-11-2002]
Medios decentes
Pídome unha 2ª canle da TVG decente, e un xornal en galego decente. Onde que os xornalistas poidamos traballar con dignidade e espectadores/lectores seren tratados como seres intelixentes.
E, postos a pedir... que se vaian todos. Saúde!
orsinia. Lugo [03-11-2002]
Al 2oo4 pidolle un 2oo5
Iso era a idea principal ao entrar nesta páxina e comezar a escribir... Pero rodeado de tanta palabra queda feo por algo tan pequeno, ¿non?
Xa o teño...Pidolle ao ano entrante q a sociedade se dé conta de q a pobreza e demáis inxustizas q rondan polo noso planeta non son só material para facer programas televisivos e entristecernos dez minutiños cada nadal...
Xabier Martínez. Santiago de Compostela [03-11-2002]
Liberdade
O meu desexo para o vindeiro ano:
Que todos os galeg@s se miren por dentro e se decaten do que son e que sintan con orgullo a súa nacionalidade, que sintan con orgullo que son GALEGOS, para podermos ir polo mundo coa cabeza ben alta.
LIBERDADE PARA AS MENTES GALEGAS!
Que endexamais os galeg@s nos volvamos sentir españois!
Xohan. Galiza [03-11-2002]
Unha Galiza máis ceive
Ola a tod@s! como non o meu dexexo colectivo non é outro que haber se dunha vez por todas temos grupo parlamentar galego en Madrí, para poder viver nunha Galiza máis ceive!
O persoal....que sexa un ano con moito amor e poucos quebradeiros de cabeza!
David. Vilagarcía d Arousa [03-11-2002]
que remate a insidia
marchar de aquí, aire libre, poder respirar, estar con xente normal, sensible e intelixente que non saiba quen é Xaime Pita. Que remate a insidia...
ioncliver. Vigo [03-11-2002]
Seguinte
« Portada |
 |
|