|
1
Un día de néboa, gris. Case chove. Fixémolo como puidemos, aínda que non era doado. Tantas aldeas, tantos cativos, os camelos coa gastroenterite...ao final alugamos un Patrol.
Mariola
2
Levan 63 días dun temporal co que baila todo o barco.Co frío que fai os bacalaos conxelanse na cuberta.Viran rápido a rede porque é noiteboa. Despois, coma sempre, cearán bacalao.
Paleón
3
Si, iso é, señor xuíz, interceptaron ós meus renos axiña. Vendáronme os ollos. Mergulláronme nun inferno negro de noite polar. E foi dese xeito que me atoparon no buraco de Tikrit
Quique
4
Os reis subían a escuras as escaleiras da miña casa deixando caramelos e algunha moeda nos zapatos. Aquel ano caeron dous patacóns no meu zoco e eu sentínme afortunada.
Lela
5
Zoaba o vento na casa grande, abreu a porta e dixo:"fillo este ano non hai reis"e logo?-pregunta o pequeno-"estaba o mar tan sucio que marcharon"
Davide
6
O réptil radiactivo já estava ali quando a nave furou as águas. Mas nom houvo que aguardar a seguinte glaciaçom. Morreu, e houvo festa.
Diego
7
Todo era negro na fin da terra, a noite, o vento, o mar, non era unha balea era un cascaxo de ferro que gomitaba das súas entrañas negras inquedanzas.As gaivotas eran carroñeras.
Teo Cardalda
8
Levaba xa un tempo na cama e André non durmía. Algo ía mal. Papa Noel debía chegar esa noite. ... Pero de seguro non podería baixar pola campá extractora !!!
Xosé Antón
9
Viña a chuvia en forma de améndoas serodias a rebentar o tempo (non sabía onde ficar). E embebedámonos das flores que foran, ai, que gusto... Agora, só a bodega aguanta a humidade.
Pinga
10
Eramos vinte arredor da mesa e dous cativos durmindo.Bacallao con verdura e pan de noces.Moitas panxoliñas. Sabe Dios se d'hoxe nun ano...
Mira
11
...tiña cartos, pero non era rico.
Xoán Xosé Sande
12
Xa o sabía eu.
Carlos Neira
13
O cansancio e o frio axudárono a dormir. A mañá seguinte rifábase polo seu comportamento e por ser tan necio de non recordar q o carbón fixolle perder tódolos dentes.
Xabier Martínez
14
Igual ca sempre. Escaparates a rebentar, luces, musiquiña..a mesma indecisión. De volta, só tenrura. Tanta, que ó chegar, no abrazo, desbordou ducias de bicos.
Danigómez
15
De súpeto toda a humanidade sentíu a súa presencia. A noticia espallouse de inmediato por internet: o Salvador nacera; era unha muller, chamábase PAZ... Espertei chorando.
Maitines
16
Cabodano do fuel cruel. Lembras? Carrexabamos a capazos. E no solpor, rubéns no mar, esperanza, desexo. A forza de moitos vai limpar o que é de todos. Xubilará ós responsables.
Xeitoso
17
O rapaz meu que estudie. Isto non compensa o esforzo.Nas aduanas míranche coma un delincuente.Ninguén agradece.Total pra levar catro escalestris.Que os merquen os pais no champion.
Marialado
18
Outro morado no brazo. Pero o pequeno, non o pudo evitar:¿Mamá,chegaron os reis?Han chegar, durme.E botouse a chorar. Nos tamén. Pero faciámonos os durmidos.
Mónica O. Coira
19
Díxolle o señor a María:
- Temos un problema co rapaz. Cando lle pido que faga algo responde que non atende a cousas deste mundo. Podedes quedar con el, esta finde, Xosé e ti?
Regha
20
Vas ter que parir aquí. Un muro impídenos continuar.
Raúl Bentraces
|