Noutra época os contos de nadal relatábanse devagariño a carón do lume da lareira. Pero agora non temos tanto tempo. Propuxémoslles aos nosos leitores e leitoras un esforzo de síntese e que nos mandasen un conto superrápido de nadal en non máis de 180 caracteres. Case unha lufada de concisión narrativa.
Algo máis de corenta relatos chegaron a Vieiros. Moitos deles axustándose ao pau dos 180 caracteres, xuntando letras, suprimindo espazos... Pero 180 caracteres ao cabo. Os dous mellores recibiron o seu premio, unha caixa de 6 botellas de albariño Vento Mareiro. Estes son:
Si, iso é, señor xuíz, interceptaron ós meus renos axiña. Vendáronme os ollos. Mergulláronme nun inferno negro de noite polar. E foi dese xeito que me atoparon no buraco de Tikrit. Quique
O rapaz meu que estudie. Isto non compensa o esforzo.Nas aduanas míranche coma un delincuente.Ninguén agradece.Total pra levar catro escalestris.Que os merquen os pais no champion. Marialado.
« Portada |
 |

Podes ler aquí os relatos que xa recibimos. |
 |