Bo nadal Vieiros
Panxoli–as
Postais
Receitas
Agasallos180 letras

Que pides
Que se nos ven


Agasallos


Comercio Xusto
Xa que será difícil substraerse ao costume de agasallar a parentes e amigos nestas datas, poden contrarrestar a voráxine consumista adquirindo productos de comercio xusto, é dicir, artigos que foron elaborados por comunidades desfavorecidas do Sur, permitindo a creación de estructuras de producción participativas, democráticas e respectuosas co medio ambiente e coa súa cultura. O comercio xusto garante a igualdade de salarios entre homes e mulleres, a non explotación infantil, o respecto ao ambiente, unhas condicións de traballo dignas e a calidade do producto. A oferta é ampla, e chega ás tendas de Europa sen intermediarios: bixutería, complementos de roupa, papelería, xoguetes, marmeladas e cafés.

Onde mercar:
- En Santiago, Panxea
- En Lugo, A Cova da Terra
- En Pontevedra, A Factoría do Sur - Amarante
- Na Coruña, Intermón
- En Ourense, Centro Iris-Amigos da Terra
- Na Guarda, en Atalaia, no Centro San Xerome


Reloxio cos números en galego
Distribuído pola Mesa pola Normalización Lingüística. Con correa de ante negra e caixa metálica. Ten unha garantía de 2 anos.
Prezo: 39 euros
Onde mercalo: na Mesa

Adhesivos de felicitación das festas
A Mesa pola Normalización Lingüística agasalla por estas datas os seus socios con adhesivos coa inscrición "Cos meus mellores desexos". Se queren poden imprimir esta páxina e utilizar as etiquetas nos seus regalos.

Libro "Ninguén está só"
Editado polo grupo de Lugo de Amnistía Internacional no 2001 con moito éxito de vendas. Dez historias e dez debuxos sobre os dereitos humanos, dirixidos a mozos a partir dos 14 anos. Quedan uns 50 exemplares.
Prezo: 9 euros
Onde mercalo: en Amnistía Internacional Lugo.
Poden solicitalo por teléfono: 982 230 310

Forro polar de Nunca Máis
Unha prenda cómoda, de abrigo e co logo da plataforma. Os beneficios son para Nunca Máis.
Prezo: 35 euros
Onde mercala: Tenda Nunca Máis. Rúa Franco, Santiago de Compostela.
Tamén atoparás moitos destoutros productos.

Camiseta Terr@ctiva
Prenda co lema "A terra para quen a respecte", vendida a través de Culturactiva, o portal vencellado a Coperactiva Cultural e ao Festiclown, que financian proxectos nas comunidades indíxenas zapatistas.
Prezo: 7 euros
Onde mercala: a través de Internet.

Arte guatemalteca
Mostra pictórica do artista guatemalteco Miguel Ángel Pérez, organizada por Solidariedade Internacional de Galicia. A venda dos cadros, entre o 30 de decembro e o 10 de xaneiro, servirá para financiar proxectos agrícolas en San Marcos.
Onde mercalo: na Galería Sargadelos de Pontevedra
Prezos: oscilan entre os 50 e os 300 euros



« Portada