| Que facer en Madrid | |||
|
|
Hostais, pensións, albergues, hoteis, paradores... o aloxamento en Madrid está ao alcance de todos os petos, debido á gran oferta dispoñible. O concello mantén en liña un completo buscador de camas no que poden escoller a opción que máis se axuste ás súas posibilidades. Atoparán tamén outra información turística de interese: museos, o zoo, parques de atraccións... Claro que se viaxas no transporte facilitado pola organización, a penas terás tempo de descubrir Madrid, pero si a súa gastronomía, tendo en conta, ademais, que as manifestacións abren o apetito tanto como o máis duro dos traballos. Os que non renuncian nin ao marisco nin ao lacón con grelos aínda a centos de quilómetros da casa, daranlle satisfacción ao seu padal en calquera dos restaurantes galegos en Madrid. Os establecementos de comida e tapeo son, de todos os xeitos, moi numerosos e variados. Os centros galegos Na capital do Estado viven entre 250.000 e 450.000 galegos, segundo os datos que manexa o padrón municipal de Madrid. Moitos deles están organizados en diferentes colectivos, como a Enxebre Orde da Vieira, a Agrupación Rosalía de Castro, a Casa de Galicia ou o Centro Galego. Ademais, existen outras asociacións que, sen ser orixinarias de Galicia, apoian as reivindicacións de Nunca Máis. É o caso de Vallekas con Galicia ou o Foro Social de Madrid. « Madrid, 23F |