Vieiros Especial
O Percorrido
Madrid, 23F

Como ir
Percorrido
Que facer en Madrid
Queres vir comigo?
Documentos
Outras manifestacions


A crónica
Podes ler a narración do que sucedeu en Madrid.

O percorrido
A Delegación do Goberno resolveu nun principio impedir que a manifestación decorrese por vías principais da cidade, resolución que o xuíz do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza declarou nula.

Así, o percorrido definitivo será o solicitado pola Plataforma: saída ás 12 horas da Ronda de Atocha (Glorieta Carlos V), Paseo do Prado, Praza Cánovas del Castillo, Paseo do Prado, Praza de Cibeles, Rúa de Alcalá e Porta do Sol.

Plano percorrido

Para acceder á zona da saída podes coller o metro (liña 1) ou os trens de proximidades, con remate na estación de Atocha, xusto no punto de comezo da marcha. Podes ver máis información na web do Metro de Madrid.
Na propia estación de Atocha hai un grande aparcadoiro para coches, pero probablemente sexa difícil chegar alí ás horas da manifestación.

Orde de pancartas
A primeira pancarta será a da coordinadora de Nunca Máis, acompañada dos voceiros e patróns maiores de varias confrarías pertencentes á Plataforma: Manuel Rivas, Luís Tosar, Miguel de Lira, Fernando León, Víctor Mosqueira, Uxía Senlle, Francisco Iglesias (patrón maior do Grove), Torcuato Teixeira (patrón maior da Coruña), Manuel Maneiro (patrón maior da Pobra do Caramiñal), Xavier Sar (patrón maior de Muxía), Pablo Villar (xerente da confraría de Cangas), Ramiro Oubiña, Xosé Salvadores, Xosé Sánchez, Bieito Lobeira, Rosa Arcos e Carlos Gesto. O lema será: NUNCA MÁIS, cos sublemas: "Queremos coñecer a verdade" e "Esiximos responsabilidades".

Na segunda pancarta irán os sectores afectados: confrarías, asociacións de mexilloeiros, mariscadores, naseiros, subhastadores, comercializadores, así como os responsables da sección Mar dos sindicatos CIG, UGT e CCOO. O lema é: "Menos propaganda e máis compromisos para a recuperación do noso país".

Detrás da terceira irán as asociacións ecoloxistas: Federación Ecoloxista Galega, ADEGA, Ecologistas en Acción, etc. O lema será: "Nunca Máis - Mai Mes".

Entre a segunda e a terceira, irán os representantes das formacións políticas que apoian a manifestación, sn pancarta. Polo PSdeG-PSOE, José Luis Rodríguez Zapatero, Xosé Blanco e Emilio Pérez Touriño; polo BNG Xosé Manuel Beiras, Anxo Quintana e Francisco Rodríguez; por IU Gaspar Llamazares; polo PNV Margarita Uría; por CiU Pere Macías; por EA Begoña Lasagabaster; pola Chunta Aragonesista José Antonio Labordeta; por ERC Joan Puigcercós; por IC-V Joan Saura, e por Los Verdes José María Mendiluce. Irán aquí ademais os líderes sindicais Cándido Méndez (UXT), José María Fidalgo (CCOO) e Xesús Seixo (CIG). Participará tamén unha delegación do Goberno vasco, con dous conselleiros, un deles o de Medio Ambiente, Sabin Intxaurraga.



« Madrid, 23F