 |
As augas do tempo (1916-1978) |
 |
"Pra entón, o país xa era Galiza" (1916-1934)
O tempo de Lourenzo Varela, do fillo da emigración, do mozo rebuldeiro, do activista cultural, do militante entregado, do poeta combatente, do exiliado creativo, do ensaísta agudo, do emigrante forzado, do home con raíces e memoria de Galiza.
 Lorenzo Varela nos anos vinte. 'Foron buscar o pan, fóra, lonxe de Galicia'
A bordo do buque La Navarre, fronte á baía da Habana, Perpetua Vázquez, emigrada de Lodoso (Monterroso), dá luz ao primeiro fillo de Xosé Ramón Varela, emigrante da parroquia monterrosina de San Martiño de Fufín. O neno será rexistado con nome de Xesús Lourenzo. Aos poucos meses, a familia retorna a Monterroso.
"O seu primeiro idioma é o galego lucense dos seus pais"
Tras unha breve estadía en Monterroso, a familia Varela Vázquez dá novamente o salto trasatlántico para instalarse no bonaerense barrio de Nova Pompeia. Con quince anos retorna a Galiza, para vivir nos primeirizos días da II República. Matrículase no Instituto de Ensino Secundario de Lugo en agosto de 1931.
"Lugo, de aceiro e mel"
Implícase na creación do Ateneo Popular de Lugo. Mocea con Julita Álvarez e amiga con Ánxel Fole e Ramón Piñeiro. Simpatiza co galeguismo e participa na fundación da Federación das Mocidades Galeguistas en 1933. Fascinado pola revolución de outubro e a personalidade de León Trotski, achégase ao marxismo e intégrase en Esquerda Comunista sendo expulsado das Mocidades Galeguistas. Participa na axitación propagandística en apoio da insurrección de Asturias en 1934. Para abeirarse da represión abandona Lugo e marcha a Madrid onde principia a carreira de Filosofía e Letras.
« Portada |