Quixo ter un sonho a terraDia das letras 2005
LOURENZO VARELA
O DÍA DAS LETRAS
A LINGUA QUE VAI PARA FÓRA
O ENCIÑO E TI

Concello de Pontevedra
Vieiros no exterior

En marzo de 1999 Vieiros botaba a andar as súas primeiras edicións na emigración: Madrid e Barcelona. Unhas semanas máis tarde chegaba Vieiros Bos Aires, cruzando a poza. O noso obxectivo era facilitarlles ás comunidades de galegos e galegas no exterior un vehículo de expresión e de información sobre si, pero ao mesmo tempo tamén para os que vivían na Galiza administrativa. Queriamos axudar a crear na rede un país que non existía sobre a terra.

Durante estes anos moitas foron as edicións de Vieiros existentes no exterior: Bos Aires, Montevideo, Fortaleza, A Habana, Venezuela, México, Nova York, París, Irlanda, Gotemburgo, Londres, Frankfurt, Bruxelas, Barcelona, Madrid e Euscadi. Todas tiveron unha vida, máis ou menos longa, dependendo das posibilidades e das circunstancias persoais dos seus editores, aos que lles estaremos por sempre agradecidos.

Queres crear a túa propia edición de Vieiros no exterior?
Se vives na emigración e queres informar das actividades da comunidade galega, dos problemas que vos afectan e do país en que vivides, podes crear e manter unha edición de Vieiros.

Nós dámosche todas as facilidades e ofrecémosche o software e a axuda que che cumpra. Ti só terás que poñer os contidos. Para máis información, sen ningún tipo de compromiso, ponte en contacto con nós a través deste correo.

« Portada