 |
Galegos do Mundo |
 |
O tempo de Lourenzo Varela foi maiormente un tempo de exilio e emigración, máis de cincoenta anos nos que o labor intelectual deste poeta, rebelde e contestatario, afianzou as súas raíces no que foi o seu seu primeiro idioma, «o galego lucense dos seus pais». Como homenaxe a esa memoria de resistencia e creación, Vieiros achégase a varias cidades europeas para falar con mozos e mozas galegofalantes e emigrados para que nos conten cara onde cren que camiña a nosa lingua, a súa lingua, a lingua dos seus pais.
María Blanco, profesora de español en Liverpool (Reino Unido)
Que tipo de información e promoción ofrece a Xunta de Galicia para promocionar o idioma aí, en Liverpool?
Ningún ata onde eu teño coñecemento. Pero tamén hai que ter en conta que o movemento cultural de Liverpool é moi pouco, hai algún curso de español pero incluso iso ten pouca importancia. O que hai por aquí de galego non está nada relacionado coa Xunta, de feito eu imparto os luns un curso pero é unha iniciativa persoal.
Como ves ti o futuro da lingua dentro e fóra de Galiza?
Aquí hai unha completa ignorancia do que é a lingua galega, a xente non ten nin idea da súa existencia. Coñecen o catalán e o vasco pero coidan que o galego é un dialecto, e no momento en que comezas a explicar que non é así o interese desaparece. E o futuro da lingua en Galiza véxoo tamén fatal. Durante catro anos impartin clase nun instituto e o que se ve é que as novas xeracións non falan o galego e daquela non hai moito que esperar dun futuro a medio ou longo prazo.
«O máis importante da lingua é o seu valor de identidade» Ten un valor sentimental o idioma? En qué medida é importante?
Por suposto que ten un valor sentimental e máis estando fóra pero non creo que iso sexa o máis importante, senón o seu valor cultural e de identidade.
« Portada |