Quixo ter un sonho a terraDia das letras 2005
LOURENZO VARELA
O DÍA DAS LETRAS
A LINGUA QUE VAI PARA FÓRA
O ENCIÑO E TI

Concello de Pontevedra
Blogs do exilio

Moitos son os blogs que se crean e se manteñen dende a emigración. Pode ser porque son as xentes máis creativas as que se ven obrigadas a marchar, ou porque internet se está a converter nun catalizador de morriñas. Como ben dicía Xabier Cordal nun artigo en Vieiros, o exilio é como un suicidio con internet.

Estes son algúns dos blogs en galego que se están a escribir dende fóra. Se coñeces algún máis, se sabes dalgunha outra botella ao mar que deitaran por aí os nosos veciños e veciñas, dínolo para que o incluamos nesta listaxe. E se les isto dende a emigración, animámoste a que empregues os blogs para contar as túas experiencias.

As crónicas prusianas Estes son os retallos da vida dun profesor da universidade de Berlín que procede da comarca da Coruña. Fala da súa vida, da cidade máis cosmopolita de todo o continente e da súa noite.

Orballo Hai unhas semanas que Ascárida, a deseñadora autora deste blog, regresou para Carballo, pero estivo meses e meses realizando dende a costa mediterránea un dos cadernos máis coidado dende o punto de vista gráfico.

Tolosa non é rosa Blog plurilingüe onde se mesturan galego, francés e castelán, realizado por unha profesora de español nesta cidade occitana. Fala da súa vida, comenta a actualidade e coa algunhas actividades da comunidade galega, que se recollen máis polo miúdo no seu outro blog Galiza no Midi.

La filloa assassina Outro blog plurilingüe, neste caso composto con pezas en diversas linguas románicas, do portugués ao italiano, pasando polo galego. Elabórao un rapaz do Morrazo que dá clase de español en Rejkiavik, e que mantén ademais un blog en islandés chamado Galisso (galego).

Doutor Zippie Un dos máis veteranos blogueiros galegos, o doutor Zippie traballa de freelance para unha empresa de xestión informática en Sevilla. No seu blog combina posts sobre código aberto coa historia de Cecil e Mildred, unha serie de diapositivas estadounidenses que atopou por azar ao comprar un proxector en e-bay.

Estrelas e limóns Caderno dun rapaz do Morrazo que traballa e investiga nunha cidade da periferia sur de Madrid sobre tecnoloxías da información e da comunicación. Nos seus textos, ademais da vida na emigración, fala dos temas sobre os que pescuda.

Hai cada Moza mindoniense que reflexiona sobre a vida e a actualidade dende Badajoz, onde está a facer estudos universitarios.

Mimosita Un dos máis veteranos blogs galegos, o de EMF, faise dende Madrid. Alí o seu autor deixa comentarios sobre política e actividades culturais.

Home de areia Prolífico blogueiro e debuxante coruñés que vive en Madrid. Mantén ademais o blog bilingüe portugués-castelán Ictioscopio e o caderno onde recolle un programa de radio que se chama Fabuloseando.

La vie d'un petit poyon Blog feito a medias entre un rapaz que vive en Santiago e unha amiga del, galega, que vive en Bélxica. Fragmentos da vida cotiá en textos que mesturan o galego, o castelán, o francés e o valón.

Nubeiro Raúl Araya é outro dos veteranos no bloguexo galaico. Vive nunha cidade da periferia barcelonesa e leva tres anos redactando posts centrados en programación informática e tratamento de textos.

Emerecindo Emerecindo, unha rapaza sarriá, xa hai que volveu de Barcelona de estudiar Comunicación. Pero boa parte do seu blog recolle a súa estadía catalá, e alí foi onde lle naceu a vontade de escribir un caderno.

Viva Fraga é o blogue de Xavier Vidal, un independentista de Porto Rico que veu de novo para Galiza e iniciou este blog ao volver ao seu lugar de nacemento.

« Portada

A aparencia máis recente do blog de Orballo.