Quixo ter un sonho a terraDia das letras 2005
LOURENZO VARELA
O DÍA DAS LETRAS
A LINGUA QUE VAI PARA FÓRA
O ENCIÑO E TI

Concello de Pontevedra
Axenda de actos

28, 29 e 30 de abril:
  • Congreso sobre Lorenzo Varela en Monterroso (Lugo).

6 de maio:
  • Vigo celebra a XI edición do programa Ponte Nas Ondas, que ten por obxectivo a proclamación da oralidade galego-portuguesa Patrimonio Oral e Inmaterial por parte da Unesco.
  • Charla sobre Lourenzo Varela impartida polo poeta Antón Lopo, no Pazo da Cultura de Carballo.

9 de maio:
    Comeza na comarca bergantiñá a Semana das Letras, que vai contar na asociación Monte Branco, coa presencia do escritor Xosé Neira Vilas, cunha reedición de A Rexoubeira da escritora local Asunción Antelo e coa celebración dun recital poético.
  • Proxección de Pinocho 3000 no Centro Cultural Caja España de Ponferrada, organizado pola asociación Xarmenta.
  • Inaugúrase no Centro Cultural Caja España de Ponferrada a exposición Castelao, que permanecerá aberta ata o 13 de maio.
  • Obradoiro de animación á lectura no concello de Carballo.

10 de maio:
  • Dentro da conmemoración do Día das Letras comezan en Vigo as proxeccións de películas galegas en galego no Cineclub Lumière e no Auditorio da Casa do Concello. O ciclo estenderase ata o 13 de decembro deste ano.
  • Na Universidade Complutense de Madrid, o lectorado de galego e a titulación de Filoloxía Románica, coa colaboración da dirección xeral de Promoción Cultural da Xunta e a Galería Sargadelos, celebran o Día das Letras cunha conferencia de Víctor F. Freixanes sobre o futuro da lingua e coa interpretación da obra de teatro Parellas e outros problemas a cargo de Teatroula.
  • A Fundación Caixa Galicia abre en Ferrol un ciclo sobre Lourenzo Varela que terá lugar tamén os días 11 e 13 de maio. O ciclo-recital correrá a cargo da actriz Eva Veiga e dos músicos Bernardo Martínez e Brandam Lourenzo, de Casahamlet, que poñerán en escea Lonxe. Versos galegos de Lorenzo Varela.
  • Ábrese en Carballo a exposición sobre Xesús Manuel Lourenzo Varela no Museo Bergantiños.

11 de maio:
  • Vigo acolle a oitava etapa de Correlingua, baixo o lema Un bico na lingua.
  • Tamén en Vigo, concertos da Escola Municipal de Vigo que se celebrarán no Verbum e no Auditorio do Centro Cívico de Teis.
  • Represenatación teatral a cargo de Vagalume, das pezas propias Noite de Fiandón, Que saben os médicos? e a peza de Suso de Toro Fina, canto tempo!, no Centrol Cultural Caja España de Ponferrada.
  • Obradoiro de escrita creativa en Carballo.

12 de maio:
  • IV Maratón de lectura na cidade da Coruña. Presentará Flor Maceiras e abrirá a maratón o poeta Lino Braxe.
  • Presentación da curtametraxe documental Lembranzas de Lorenzo Varela, de Xan Leira, no Campus vigués.
  • A USC homenaxea a Lourenzo Varela coa presentación do libro Lourenzo Varela. Día das Letras 2005, do filólogo Ramón Mariño, e coa conferencia Dous días na vida de Lourenzo Varela, exiliado republicanos en Bos Aires: lo 3 de febreiro de 1943 e o 25 de agosto de 1944, que pronuncia o catedrático emérito Xesús Alonso Montero.
  • A Fundación Santiago Centro organiza un concurso de recitado de poemas de Lorenzo Varela.

13 de maio:
  • Comezan as celebracións organizadas por Fala Ceibe do Bierzo.
  • Actos conmemorativos na Universidade da Coruña con conferencias na Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Elviña.
  • Actos conmemorativos en Cambados, con unha ofrenda floral e a apertura da mostra de paneis sobre Lourenzo Varela e as Letras realizada polo escolares do concello.
  • O grupo Eiravella estra na Casa de Cultura de Ribadumia a peza de teatro A tía lambida, de Eduardo Blanco-Amor, como acto conmemorativo do Día das Letras.
  • Concerto Das nosas letras interpretado pola Coral do Liceo Marítimo en Rianxo.
  • Recital poético-musical Nova poesía sobre textos de Lourenzo Varela no Pazo da Cultura de Carballo.

14 de maio:
  • Recital poético en homenaxe ao escritor na súa parroquia natal do poeta, Fufín (Monterroso, Lugo).
  • A Casa de Galiza en Tolosa conmemora o Día das Letras coa actuacióndas cantareiras de Erguedela, da Casa de Galiza en Valladolid.
  • A Gentalha do Pichel celebra, na praza de Mazarelos de Santiago, a Festa da Lingua para a que contará coa actuación do grupo de teatro Esmorganas e coa música da Quadrilha da Marola, Brincadeira, A Requinta da Laxeira, Quarteto da Gentalha, Estalotes e Barallete.
  • XIII Premio Ciclista Concello de Rianxo-Letras 2005.
  • O Foro Arrainos celebra en Cacabelos un recital poético-musical diante da sepultura do poeta berciano Antonio Fernández Morales, en Cacabelos, e na mesma localidade ofrece tamén o IV Banquete de Cacabelos.

15 de maio:
  • Actos conmemorativos en Cambados, no paseo da Calzada, para os que se conta coa apertura da Feira do Libro e a celebración do Festival Folclórico Internacional na Casa da Xuventude.
  • Concerto conmemorativo en Ribadumia a cargo da súa Agrupación Músico-Cultural.
  • Manifestación, en Santiago, na defensa da lingua baixo o lema Na Galiza vamos viver em galego.

16 de maio:
  • Remata o prazo de presentación de traballos no Concurso Letras Galegas 2005 do Porriño.
  • Ribadumia acolle as actuación teatrais de dous grupos infantís: Grupo de Teatro Infantil Concello de Ribadumia e Grupo de Teatro do colexio Xulia Becerra Malvar, que interpretan O burro Pachulo e A princesa que se metía o dedo no nariz.
  • Comezan os actos conmemorativos do Día das Letras en Ponferrada: cunha homenaxe á primeira revista escolar en galego, a proxección da curtametraxe O avó e a representación de diversas obras escolares.
  • En Xinzo de Limia ábrese o Festival Literario-Musical Lonxe, que promove a Obra Social de Caixagalicia e consiste na lectura dramatizada dos poemas de Lourenzo Varela, da man de Pífano Teatro.
  • A asociación berciana Xarmenta inaugura en Cacabelos a exposición Castelao.
  • O Movemento pola Defensa da Lingua organiza a 'liberación' de 175 libros galegos e portugueses en Compostela, dentro de Bookcrossing Galiza-Compostela 05. Un evento que ten lugar durante o mes de maio en Pontevedra e no Grove, ademais de Compostela, e que en xuño se desenvolverá en Lugo e Ourense.

17 de maio:
  • Homenaxe en Fufín coa participación dos membros da Real Academia Galega. Actos oficiais en Monterroso.
  • Actos conmemorativos no Centro de Estudos Galegos (CEGA) de París, cunha exposición fotobiográfica e as conferencias de Carlos M. Callón e Enrique Líster sobre a figura de Varela.
  • Concerto da Banda de Música de Castrelo, no paseo da Calzada de Cambados, para celebrar o Día das letras.
  • A Coruña acolle os monólogos Discursos de Cacabelos, que se celebran na sede do Museo Unión Fenosa e que están organizados polo Museo de Arte Contemporánea e pola empresa eléctrica. Entre os participantes estarán os actores: Celso Bugallo, Roberto Leal, Feli Manzano, Víctor Mosqueira e Mabel Rivera.
  • En Xinzo entréganse os premios do Certame de Relatos Curtos.
  • Excursión conmemorativa a Os campiños, en Rianxo.
  • Cortexo-homenaxe polo Día das Letras organizado pola Asociación de Veciños Cidade Vella da Coruña. O cortexo percorrerá as casas das pricipais figuas dase letras e as ciencias da Coruña e contará coa participación de músicos e actores.
  • Maratón de lectura en Carballo. Repásanse textos dos autores homenaxados o 17 de maio durante 8 horas no Xardín Municipal.

18 de maio:
  • Comeza en Rianxo o programa de animación a lectura que se estenderá ata o 21 de maio.

19 de maio:
  • En Carballo entréganse os Premios a Artigos Xornalísticos Normalizadores.

21 de maio:
  • Charla na Agrupación Cultural O Facho, da Coruña, arredor da situación social e xurídica dos falantes galegos nos territorios Eo-Navia, Seabra e Bierzo. Intervirán Carlos X. Varela Aenlle, Héctor M Silverio e Felipe Lubián Lubián.

29 de maio:
  • A Casa de Galiza en Tolosa incorpórase á celebración do Foro das Linguas, no Capitolio desa cidade, coa instalación dun posto de información e difusión sobre o galego.


« Portada

Cartel do homenaxe a Lourenzo Varela realizado en Monterroso en 1979.