 |
Concurso de epitafios por móbil |
 |
Realidades novas, palabras novas. Hai tres anos, a desaparecida Xanela da Cultura organizou un concurso de sms literarios. Contos brevísimos que debían respectar a linguaxe propia das mensaxes a móbiles. Polas Letras 2004 Vieiros quixo recoller aquel concurso e engadirlle unha peneira temática.
O carro que estudou Xaquín Lorenzo desapareceu. Xa non quedan apenas veciños en Facós, na súa aldea. E moitos deles seguramente marcharon sen dicir a súa última frase, sen fixar o epitafio. Se tivesen un móbil a man, no último momento, faríano?
Ese foi o tema sobre o que viraron os microrrelatos literarios do concurso de SMS de Vieiros. Tratouse de escribir un epitafio: dun/ha mesmo/a, dun persoeiro, dunha cousa... do que os lectores e lectoras de Vieiros quixeron. As condicións eran non exceder os 160 caracteres e as posibilidades de empregar códigos de móbil, infinitas.
Conta a lenda que os homes e as mulleres do monte Medulio se suicidaron comendo raíces de teixo, para non caer en poder dos romanos. Ese foi o premio ao mellor dos epitafios: un pé de teixo, árbore sagrada, curativa e ao mesmo tempo velenosa.
O gañador do concurso foi o fotógrafo Roberto Ribao, co epitafio Fun, logo molestei.
« Portada |
 |

Podes ler todos os epitafios que recibimos. |