das palabras e das cousas Dia das Letras 2004
nvas plabrs
agasallos
os dias das letras
Axenda de actos

14 de maio

Moaña
O Concello de Moaña organiza ás 20:30h no salón de actos da Casa do Concello, unha conferencia baixo o título 'O galego dos tres lugares', na que participan Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo e autor de diversos traballos sobre a fala extremeira, e Domingo Frades, da asociación Fala i Cultura, do Val do Xálima (Cáceres) e autor do traballo "Vamus a falal, notas pâ coñocel y platical en nosa fala".

Santiago
O Consello da Cultura Galega presenta tres publicacións relacionadas con Xocas, no Instituto Rosalía de Castro, a partir das 11:00 da mañá.


Sábado 15 de maio

Moaña
A fin de semana servirá para estreitar lazos entre Moaña e San Martiño de Trebello. O alcalde desta localidade do Val das Ellas celebrará o sábado 15 de maio, xunto co alcalde moañés Xosé Manuel Millán, unha xuntanza con representantes de colectivos sociais do concello morracense interesados en establecer intercambios cuturais con colectivos sociais de San Martiño de Trebello.

Ferrol
Teatro infantil, a cargo da compañía N+1. No centro cultural Carvalho Calero do Inferniño, ás 18:30 horas.

Ourense
Festival de Corais na Praza Maior da cidade, a partir das 21:30 h, organizada pola asociación Foula.

Domingo, 16 de maio

Ferrol
Actuación dos grupos Terra Meiga e ARZ-Hais na Praza do Inferniño de Ferrol, ás 18.00 horas, organizada pola Asociación de Veciños Ensanche A.

Santiago
Manifestación na Alameda, convocada polos colectivos reintegracionistas galegos baixo o lema 'Agora é reintegracionsimo'. Ás 12:00.

Festa do Dezassete. Festival organizado pola asociación cultural Gentalha do Pichel na Praza de Mazarelos, a partir das 14.00 horas, con churrascada e foliada. Pola noite actúan Skárnio, Matraka Perversa e Ruxe-Ruxe.

O Bierzo
En Cacabelos, xantar de confraternidade que se realiza por terceiro ano consecutivo, coa participación dos escritores Xosé Luís Méndez Ferrín e Anxo Angueira e de diversas personalidades relacionadas coa lingua galega no Bierzo, coma o lingüísta Henrique Costas ou Gaspar Méndez.

Luns, 17 de maio

Ourense
A Real Academia Galega (RAG) celebra os actos oficiais na capital ourensá. O tributo a 'Xocas' comeza ás once da mañá, coa inauguración da exposición 'O Carro e o home' e unha ofrenda floral na casa onde viviu Xaquín Lorenzo, na rúa da Paz. O paraninfo do IES Ramón Otero Pedrayo acolle ao mediodía a sesión plenaria extraordinaria e pública da RAG, coas intervencións de Xosé Manuel González Reboredo e os académicos Manuel González González, Xulio F. Ogando Vázquez e o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández. No transcurso da sesión, a Coral de Ruada interpretará as pezas 'Alalá de Lobeira', 'Cantiga nº 100 de Alfonxo X O Sabio' e o himno galego.

Pontevedra
Concerto organizado pola Asemblea Reintegracionista Ene Agá, no local ‘Reviravolta’, con Trópico de Grelos, Orquestra do Chico César, Os Quinquilláns e Lemorai (a partir das 11.00 h.). Durante a xornada serán 'liberados' máis dun cento de libros galegos e portugueses, nunha actividade de 'bookcrossing'.

Ferrol
Charla sobre a situación do galego hoxe, coa profesora da Universidade da Coruña, Laura Tato, e a escritora Rosa Aneiros. No centro cultural Carvalho Calero do Inferniño, ás 19.00 horas.

Santiago
Concentración pola galeguización do ensino, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, na Praza do Obradoiro, ás once da mañá.

Lugo
Actuación de Xosé Manuel Budiño, na Praza de Santa María, ás 22.30 horas. Concerto enmarcado no Festival Internacional de Folc

Lobeira
A vila natal de Xaquín Lorenzo celebrará ás 9:00 da mañá un pleno extraordinario no que a corporación municipal o nomeará "fillo predilecto", e trala sesión, o alcalde desta localidade, Emilio Higuero, fará entrega do título a un familiar de Xocas. O Concello de Lobeira tamén lle dedicará ao homenaxeado unha rúa, e o bispo de Ourense oficiará unha misa, a partir das 13.00 horas, no Santuario da Virxe do Viso. Ademais os párrocos da Baixa Limia farán unha ofrenda dunha coroa de loureiro no monolito dedicado a Xocas no Viso.

San Sadurniño
Conferencia de Lino Braxe sobre Xocas. No centro cultural de San Sadurniño, ás 19.00 h.

Ribadavia
O Centro de Estudios Medievais organiza a IV edición de "24 horas de lectura" ininterrompida que terá lugar con motivo do Día das Letras no salón de plenos do Concello. A lectura dará comezo ás 00.00 horas do 17 de mayo e rematará á mesma hora do día 18. A lectura, aberta a quen queira, terá como recompensa un libro de Xaquín Lorenzo.

Celanova
Terceira edición da Romaría etnográfica Raigame, en Vilanova dos Infantes. Nesta festa tamén se lle renderá homenaxe á figura de Xaquín Lorenzo. Reúnense 57 artesáns no burgo medieval de Vilanova dos Infantes con diversas actuacións musicais entre as que sobresae a de "Fía Na Roca".

Tomiño
Diversas actividades no Centro Social de Estás.

Oleiros
Baixo o título 'A linguaxe dos oficios', o Concello organiza no parque das Torres de Santa Cruz obradoiros de cestería, alfarería, coiro e encaixes, a partir das 17.00 horas.

Martes, 18 de maio

Lugo
Actuación da coral Xeada no centro social de Fingoi, ás 19.00 horas. Organiza o Concello de Lugo.

Ourense
Conferencia do arquitecto Pedro de Llano, que falará sobre 'Arquitectura anónima como referente dun novo futuro'. Na Aula de Cultura de Caixa Galicia.


Mércores, 19 de maio

O Barco
Conferencia 'Xaquín Lorenzo no fío da memoria', a cargo de Marcos Valcárcel. Na Casa de Cultura, ás 20.00 h.

Xoves, 20 de maio

Pontevedra
Proxección do documental 'O carro e o home', realizado por Xocas e Antonio Román. Exhibiranse as dúas versións, a orixinaria de 1940, que se daba por perdida e que foi localizada recentemente na Filmoteca Española; e a versión de 1980, que o director galego Eloi Manzano montou con guión e locución do propio Lourenzo. No Teatro Principal, ás 20.30 horas.


Exposicións

-"Enredos e ixolas". Mostra de 150 xoguetes feitos con materiais de uso cotián no medio rural (follatos de millo, cordas, madeiras...), que pretende amosar a historia dos xogos populares, un tema polo que Xocas se interesou. No Museo do Pobo Galego, en Compostela, ata o 30 de xuño.

-"Lembranza a Xocas". Mostra coordinada por Xosé Arturo Fernández Araújo, discípulo de Xocas, que inclúe diverso material etnográfico relacionado coa obra de Xaquín Lorenzo, maquetas de hórreos, reproducións de rodas e fotografías. Na aula sociocultural de Caixa Galicia en Ourense.

-"Xaquín Lorenzo Xocas. Exposición bibliográfica". No Museo de Provincial de Pontevedra ata o 20 de maio.

-"Imaxes de Galicia. Fotografía etnográfica (Homenaxe a Xaquín Lorenzo)". Mostra organizada polo Arquivo do Reino de Galiza en colaboración co Museo Etnolóxico de Ribadavia. Ata o 31 de agosto no Arquivo, na Coruña, e ata o 31 de outubro no Museo de Ribadavia.

-"Os Oficios tradicionais e Xocas". Exposición de 30 paneis que repasan a vida e obra do ourensán, e os seus estudios etnográficos. Nas Torres de Santa Cruz, en Oleiros.

« Portada