VieirosG2003
Especial Eleccions

 LIGAZÓNS
 OS PARTIDOS
 OS CANDIDATOS
 AS INSTITUCIÓNS
 OS PROGRAMAS
 ENTREVISTAS
 POR UNHA PRESADA
 DE VOTOS
 SONDAXES
 PARTICIPACIÓN
 FORO
 RESULTADOS
 CIDADES
 VILAS DA COSTA
 VILAS DO INTERIOR
 AS CIDADES
 VIGO
 A CORUÑA
 OURENSE
 SANTIAGO
 LUGO
 FERROL
 PONTEVEDRA
 AS ZONAS QUENTES
 A COSTA DA MORTE
 O MORRAZO
 AS CHAVES
 OS INDEPENDENTES
 O VOTO EMIGRANTE
 A XENTE NOVA
 AS DEPUTACIÓNS
 QUE SON
 COMO SE ELIXEN
 QUEN MANDA
 QUÉ PODE PASAR
 OS TEMAS
 PARTICIPACIÓN CIDADÁ
 AMBIENTE
 EMPREGO
 LINGUA
 MULLER
 MOCIDADE


 

Por unha presada de votos

Baltar teno claro En declaracións a EFE, Xosé Luís Baltar sintetizou a súa sabedoría política: "Somos como eles e temos unha maneira de ser como eles e cando vou aos mítines, se vexo unha persoa, xa sei o quere, se é dos nosos ou non; se teño algo pendente con el ou non, xa o diagnostico, aplícolle o tratamento e acabouse".


Castrillo e ese socialista coruñés Castrillo saíu en defensa da seriedade dalgúns socialistas vigueses despois de que Paco Vázquez cualificara a Ventura Pérez Mariño como "o primeiro candidato serio do PSOE á alcaldía de Vigo". Sen embargo, Castrillo non puido evitar que lle saira a vea localista na súa resposta: "non me gusta que veña un socialista coruñés a dicir que os de aquí son pouco serios".


Campaña de inauguracións A Xunta Electoral de Cambados impediulle ao alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, inaugurar esta semana a reforma da Praza do Castro, por cosiderar que se trata dun acto de carácter electoral. O alcalde manifestou a súa preocupación ante unha decisión "que pode sentar precedente". Á inauguración ía asistir o conselleiro de Política territorial, Alberto Núñez Feijóo.


Baltar avala o crédito popular "Son o garante para pagarvos, dunha vez por todas, o que levades feito por min e polo PP". Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense, ergueuse como valedor do crédito depositado polos veciños da Rúa que votan ao PP. Na mesma clave de intercambio de votos por favores, Fraga dixo no mesmo mítin que "os alcaldes do PP teñen máis fácil o diálogo coas deputacións provinciais, coa Xunta ou co goberno central". Estado, institucións, administracións, partidos... ¿todo é o mesmo?


Lanchas para todos... ata o 25! O candidato do PP á alcaldía de Mugardos, Javier Trío, prometeu restaurar o servicio de lanchas entre a vila e Ferrol, suspendido hai un ano logo dun cento de anos de rota. O transporte marítimo levaba anos dando perdas e non o conseguiron resucitar nin a Xunta nin o Concello mugardés (PSOE-EdeG-BNG-IU). Trío fletou as lanchas de aquí ao domingo, como botón de mostra do que podería chegar a facer.


Deogracias Romeu, alcalde de Miño: "O paisano, se lle fas un favor, espera o momento para pagarcho" Deogracias Romeu, alcalde de Miño polo PP, pode ter algúns defectos, pero non se lle pode negar capacidade de síntese. Nunha soa frase foi quen de resumir nunha entrevista a La Opinión esa forma de facer política tan arraigada no país: "O paisano, se lle fas un favor, espera o momento para pagarcho". Claro que cando os servicios públicos se venden como favores privados unha parte da cidadanía queda fóra do xogo político e publicamente privada dos seus dereitos. O seu lema electoral: "Miño, máis que nunca. ¡Non xoguemos, pénsao ben! Vota Romeu".


Fraga e a "trapallada de Nunca Máis" Fraga pediulle aos muxiáns o voto para acabar de vez "coa trapallada de Nunca Máis, os que gastan os cartos en manifestacións". O presidente da Xunta fixo estas declaracións en plena Zona Cero ante un "esplendoroso" auditorio de 500 persoas. O público aplaudía a rabear.


Corcoba, os goles e a política "O PSOE e o BNG xogan en curto, nós sabemos meter goles por tras das costas da defensa". Nun alarde de orixinalidade, o candidato do PP á alcaldía da Coruña recorreu ás metáforas futbolísticas para definir a estratexia do seu partido. Unha reflexión digna do caderno de van Gal, un perdedor.


Dositeo, todo un espectáculo Ao candidato do PP á alcaldía de Santiago non lle gustan as noites de verán mornas e silandeiras na Praza do Obradoiro. Para contrarrestar o horror vacui que lle produce a visión da praza baleira prometeulle aos composteláns que no caso de chegar a Raxoi haberá espectáculos de luz e son semellantes aos da véspera do Apóstolo todas as noites entre os meses de xuño e setembro e todas as fins de semana do ano. A gran verbena continúa.


Cartos para Ferrol...se os ferroláns votan PP O conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, prometeu que a relación entre o departamento que preside e o Concello mellorará se o candidato popular chega á alcaldía. Entroutras ofertas destacou que, cunha corporación con ideas e xestión, a cidade terá "emprego, máis vivendas sociais e un barrio histórico totalmente rehabilitado".


Ventura bótase á piscina. Ventura Pérez Mariño, alcaldable socialista de Vigo, asegura nos mitins que foxe das "promesas e algarabías" de outros. Sen embargo, ante os veciños de Coia defendeu a construcción dunha piscina cuberta no barrio, a ampliación dos centros da terceira idade, a instalación de bancos nos paseos, a mellora das beirarrúas e a edificación dun centro cultural. ¿Cómo o vai financiar? En palabras de Mariño: "hai que pedirllo á Zona Franca, que ten que financiarnos unha piscina cuberta cada ano".


Corina recolle o lixo gratis. A candidata a alcadesa de Vigo polo Partido Popular prometeu que iría suprimindo pouco e pouco as taxas de recollida do lixo. Sería un feito insólito... para o que nacionalistas e socialistas non atopan recursos.


Cascos pacta con Corina. O vicepresidente Cascos anunciou que, de gañar Corina Porro as municipais en Vigo e converterse en alcaldesa, sería unha prioridade para o goberno a reforma da autovía Vigo-O Porriño, a autovía da morte. Nada dixo de se se faría se Corina só quedase de líder da oposición.


E se non es do pepé, fódete. O presidente da Deputación ourensá, José Luis Baltar Pumar, iniciou a campaña electoral tocando o trombón de varas nunha charanga local e de xoldra polas rúas da cidade. As cántigas definen o aferrollamento popular da provincia: "y si no eres del PP, jodeté, jodeté", cantaba o político de altura.


Copas de balde. Xa hai varios anos que o alcalde de Outes, Carlos López Crespo, organiza a Festa da Xuventude. Neste 2003, ademais, foi caer a catro semanas das eleccións municipais. Durante esa xornada festeira, todos os mozos e mozas do concello de entre 18 e 30 anos, teñen unha copa de balde nos bares da Serra por conta do orzamento municipal.



Ti seguro que coñeces cacicadas locais, carrexos masivos, promesas pantasma imposibles de cumprirse... Envíanolas para que as coñeza todo o mundo
............................................................

«« Portada da edición

 

Noticias de vieiros
- Un vídeo reivindica o atentado para unha facción de al-Qaeda
- Manifestacións contra a manipulación informativa
- Putin, favorito nas presidenciais rusas

Ir a Vieiros

Foro
Últimas mensaxes:





Trivial