VieirosG2003
Municipais

 LIGAZÓNS
 OS PARTIDOS
 OS CANDIDATOS
 AS INSTITUCIÓNS
 OS PROGRAMAS
 SONDAXES
 PARTICIPACIÓN
 FORO
 RESULTADOS
 CIDADES
 VILAS DA COSTA
 VILAS DO INTERIOR
 AS CIDADES
 VIGO
 A CORUÑA
 OURENSE
 SANTIAGO
 LUGO
 FERROL
 PONTEVEDRA
 AS ZONAS QUENTES
 A COSTA DA MORTE
 O MORRAZO
 AS CHAVES
 OS INDEPENDENTES
 O VOTO EMIGRANTE
 A XENTE NOVA
 AS DEPUTACIÓNS
 QUE SON
 COMO SE ELIXEN
 QUEN MANDA
 QUÉ PODE PASAR
 OS TEMAS
 PARTICIPACIÓN CIDADÁ
 AMBIENTE
 EMPREGO
 LINGUA
 MULLER
 MOCIDADE


 

MANUEL DE CASTRO E O ALCALDE DE VIGO

Os alcaldes apolíticos de Berlanga

Manuel de Castro, xornalista vigués, achégase ao mundo de Berlanga para explicar a proliferación desa caste de "independentes apolíticos de dereitas, que son lexión na miña cidade". Unha reivindicación da coherencia política e do compromiso cívico.



Manuel de Castro
Hai unhas semanas que a xente do cine celebrou medio século de ‘Bienvenido mister Marshall’, unha cinta pola que nunca sentín unha proximidade especial. Pola contra, teño debilidade polas xenialidades de Berlanga durante a chamada Transición, unha época enchoupada de orgullo da España cañí, centralista e dereitona, a mesma que florece hoxe e que é aplaudida por moitos dos meus veciños de Vigo, obsesionados coa seguridade como se vivisen no Harlem y cun desprezo á clase política tan inxusto como xustificado, por iso proliferan os independentes apolíticos de dereitas, que son lexión na miña cidade.

En ‘La escopeta nacional’, unha película que hoxendía tería plena vixencia, o magnífico José Sazatornil representa a un comerciante catalán –por suposto, caracterizado cos mixerentos tópicos de sempre- que trata de colocar no mercado madrileño os productos da súa fábrica, coido que porteiros automáticos, non lembro ben, ou retretes, que para o caso é o mesmo. Saza aproveita a cacería na serra castelá para introducirse nos corriños de poder da Corte capitalina e obter a bendición do secretario dun ministro de Franco para recomendar os seus retretes, ou porteiros. O home do Goberno recórdalle ó vendedor que a súa condición de catalán é un problema en sí mesmo (como hoxe ser vasco) por que os cataláns andan moi revoltos e metidos en política. Nunha das frases máis elocuentes da historia do cine e da nosa propia historia, Saza respóstalle algo así como que "Non, home, non, eu son apolítico, de dereitas de toda a vida, non se preocupe".

Coma viaxando no tempo, vexo hoxe avergoñado ós candidatos da miña cidade manipulando a mesma frase. Certo é tamén que a propia existencia dunha campaña electoral debería avergoñarnos a todos, porque decidir o voto en 15 días trapalleiros di moi pouco da cultura política dun país ou dunha cidade. Así, entre independentes apolíticos de dereitas vexo a campaña da miña cidade, que amosa incluso independentes apolíticos que pertencen a partidos políticos tradicionais que din que o único que importa é a xestión, e que a xestión é, por suposto, apolítica. Xestionar Dachau é, logo, o mesmo que xestionar Port Aventura. Se trata, en definitiva, de renunciar á condición de político, unha definición que detestan milleiros de vigueses a viguesas, especialmente os votantes apolíticos que acaban por ir á praia e non votar.

Por iso o primeiro que lle pediría ó meu alcalde –o candidato que eu voto, adianto, nunca será o meu alcalde pero non me rendo- é que tivese o valor de admitir a súa condición de político e rexenerarnos a todos un pouco. Eu prefiro a un dereitón confeso e coherente que un apolítico metido en política. Porque política e, brevemente, o sentido colectivo, o mesmo que leva ás morsas a venerar ó macho dominante e ós chimpancés, máis evolucionados que estas, a beneficiarse da convivencia en grupo. Confeso que descoñezo que carallo fixo Darwin coa xente de Vigo, que pasamos directamente da morsa ó home.






............................................................

Ver todas as colaboracións


«« Portada da edición

 

Imprimir
Enviar
Opina