VieirosG2003
Municipais

 LIGAZÓNS
 OS PARTIDOS
 OS CANDIDATOS
 AS INSTITUCIÓNS
 OS PROGRAMAS
 ENTREVISTAS
 POR UNHA PRESADA
 DE VOTOS
 SONDAXES
 PARTICIPACIÓN
 FORO
 RESULTADOS
 CIDADES
 VILAS DA COSTA
 VILAS DO INTERIOR
 AS CIDADES
 VIGO
 A CORUÑA
 OURENSE
 SANTIAGO
 LUGO
 FERROL
 PONTEVEDRA
 AS ZONAS QUENTES
 A COSTA DA MORTE
 O MORRAZO
 AS CHAVES
 OS INDEPENDENTES
 O VOTO EMIGRANTE
 A XENTE NOVA
 AS DEPUTACIÓNS
 QUE SON
 COMO SE ELIXEN
 QUEN MANDA
 QUÉ PODE PASAR
 OS TEMAS
 PARTICIPACIÓN CIDADÁ
 AMBIENTE
 EMPREGO
 LINGUA
 MULLER
 MOCIDADE


 

[27 de Maio]

Ata outras!

Finalizo esta campaña como a empecei: con resaca. Os procesos electorais acaban comigo.



María Yáñez naceu en Lugo, no 1978. Algúns xa votaran. Xornalista, votante e comedora de pinchos ocasional, dirixiu Bravú.Net e agora anda metida na producción audiovisual.
Para que vexan, o domingo hibernei ata as 8 da tarde, coma os sondeos de Sigma-Dos. Recoñezo que me pasei un pouquiño coa celebración da cuasi victoria de Vero Codesal en Eurovisión, da que me foron informando puntualmente os colegas por SMS mentres eu me atiborraba de marisco na miña cea laboral. Deume moitísima pena non velo pola tele, sentir a emoción que, segundo me dixo un amigo deportivista, foi case tanta como o penalti de Djukic, cando finalmente gañou Turquía na última puntuación. E iso que a do sábado tampouco foi unha boa noite para os turcos en Balaídos. O caso é que a festa, coma case sempre, foi maior que os motivos.

Tan así foi, que cando abrín o frigorífico para ver de almorzar algo, acababan de pechar os colexios electorais. Algo que non me preocupou porque, como saben, xa votara por correo. Papei uns cereais vendo as enquisas de Sigma Dos, Demoscopia e Eco Consulting, e case me atraganto vendo que Paco Vázquez e Cabezas perdían a maioría absoluta. Máis se deberon atragantar eles, sobre todo Paco, anque logo os votos reais lle devolvesen certa tranquilidade. Pero só polo apuro que debeu pasar xa pagou a pena esta xornada electoral, abofé.

Lástima que ao final todo quedase nun susto. Isto do escrutinio e das enquisas a pé de urna é igualiño ca Eurovisión. Vai Verónica Codesal gañando toda a noite e ao final, por uns cantos votos, gáñanlle as turcas. Algo parecido debeu sentir Trinidad Jiménez, menos mal que tiña a Pepiño Blanquito (que aínda vota en Lugo) para interpretar os datos estilo Uribarri. E ao final Trini perdeu con bastante marxe, a suficiente como para que os artistas simpatizantes non lle boten a culpa a Mendiluce.

O mellor das xornadas electorais é seguilas pola TVG. A xogada que adoita facer Tino Santiago, facéndonos aturar aos pelmas de Blanco Valdés e Ramón Villares mentres saen os resultados por concellos na parte de abaixo da pantalla, vai polo camiño de converterse nun clásico televisivo, como En xogo goles. A min polo menos dábame a sensación, cando saían Muxia ou Fisterra coas súas maiorías do PP, de que Caldeiras Galifar me estaba ofrecendo este gol. Para compensar, metinme un pouco no chat de Vieiros, no que Ánxel Vence tentaba calmar a furia dos siareiros do Bloque, que se lamentaban para variar da merda de país que somos, de que temos o que merecemos, a culpa é da UPG, etc. Amigos, tranquilidade… contra a adversidade sempre é mellor pensar no pior que lle foi ao outro. Pensen en Corina, en Manolita, no susto de Paco, en Beth... e non fagan autocrítica por outros.

Eu pola miña parte despídome para facer autocrítica destes días en que lles dei a vara pensando en alto en Vieiros. Vou chamar a Tino Santiago para que me convide como analista nas próximas eleccións, a ver qué tal está o catering da TVG. Xa lles contarei. Bicos.





............................................................

«« Portada da edición

 

Imprimir
Enviar
Opina


 ARTIGOS PUBLICADOS
- [27 de Maio] Ata outras!
- [24 de Maio] O día 'E'
- [23 de Maio] Videoclips (e II)
- [22 de Maio] Os abaixo asinantes
- [21 de Maio] De boa me librei
- [20 de Maio] ¿Quen é o raro?
- [19 de Maio] 'Joventú'
- [16 de Maio] As nosas letriñas
- [15 de Maio] Videoclips (I)
- [14 de Maio] Ovellas e fontaneiros
- [13 de Maio] Non me votes