A Europa que queremos
Vieiros
A favor e en contra
As razóns do SIAs razóns do NON
1
É un gran avance na construción europeaO verdadeiro avance da construción europea sería unha nova constitución
Ratificar o Tratado permitirá enfrontar os principais retos de futuro: o goberno da globalización, a construción dunha nova orde internacional xusta e democrática, e a adecuada resposta ás aspiracións e necesidades individuais e colectivas dos cidadáns europeos.Os defensores do non sosteñen que "Outra Europa é posíbel", fundamentalmente canto ao sistema económico, os procedementos democráticos de representación control e decisión, os dereitos sociais e o encaixe das nacións sen Estado.
2
O Tratado ten en conta as realidades dos pobos de EuropaO Tratado non recoñece as nacións sen Estado
O apoio ao Tratado comportaría un sensíbel avance na dirección dunha Europa federal, máis unida, e unha maneira de superar o predominio dos Estados nacionais.A pesar da retórica propagandística arredor dunha Europa "unida na diversidade" son mínimos os avances obtidos polas nacións sen Estado e polas rexións con capacidade lexislativa. O Tratado non recoñece a existencia de nacións sen Estado, nin lle outorga carácter de oficial ás súas linguas. Tampouco permite que as institucións executivas e parlamentarias das nacionalidades e rexións poidan participar directamente nos órganos da Unión para exercer as súas competencias e defender os seus intereses.
3
Unha Europa forte é imprescindíbel para que as relacións internacionais se baseen no diálogo e a pazAs relacións internacionais están marcadas polo avance da globalización neoliberal, que o Tratado consagra
A adopción deste proxecto de Constitución permitirá avanzar na articulación dunha Europa con voz propia no mundo, comprometida co dereito internacional e autónoma fronte aos EEUU.Os valores fundamentais no contexto actual deberían ser: o respecto no plano político as creacións humanas que se plasman na diversidade nacional; e non aqueles que poidan servir para consolidar modelos políticos que nos seus fundamentos básicos están rexidos polo mercantilismo e a monetarización que non ten reparo en recurrir a rapina e as ocupacións militares para apropiarse e controlar os recursos do planeta, e que provoca enormes desigualdades entre os pobos e as persoas.
4
O Tratado garante unha Europa máis social,O Tratado non afonda nos dereitos sociais
porque nos define como cidadáns europeos e incorpora á carta de dereitos fundamentais, sociais e políticos enchendo de contido o concepto de cidadanía europea.Reduce os dereitos sociais a meros "principios", así por exemplo, non hai "dereito ao traballo", senón "dereito a traballar"; non hai dereito a unha vivenda digna mais apenas o dereito a unha "axuda" en materia de vivenda.
5
Un voto negativo suporía paralizar o proceso de construción europea Convén establecer un novo marco na Europa dos 25
e volver ao Tratado de Nisa, "o que perxudicaría directamente á cidadanía porque situaría á Unión na vía do estancamento e do retroceso, establecendo a primacía do mercado sobres os valores e obxetivos do modelo social europeo, impedindo a actuación comunitaria autónoma na escena internacional e mantendo o déficit democrático". Sería a maior vitoria inimaxinábel para os euroescépticos e os antieuropeos.A non ratificación do Tratado suporía unha crise de lexitimidade na UE e a apertura dun proceso que levaría a rediscutir as bases de funcionamento da propia Unión. Só un proceso semellante podería permitir a deriva anti-social, elitista e militarista da Unión e repensar a construción europea desde outras bases. Con todo, non se regresaría directamente ao Tratado de Nisa porque unha Europa de 25 países non podería funcionar coas regras políticas e económicas establecidas en Nisa.
6
A UE supuxo importantes melloras para GalizaA UE consagra un Tratado que prexudica a Galiza
Grazas á achega económica da Unión Europea, Galiza mellorou, entre outras moitas cousas, as súas estradas, a súa agricultura e a súa pesca. A aplicación das políticas europeas nos principais sectores produtivos galegos, sobre todo a agricultura e a pesca, significou a súa perda de peso específico no conxunto da economía do país, a perda de postos de traballo, a entrada das grandes multinacionais e o peche de milleiros de explotacións. Unha situación que non vai mellorar coas previsións do Tratado.
7
O Tratado garante a representatividade democrática dos cidadáns nas institucións europeasA Constitución non afonda nos mecanismos democráticos de participación dos cidadáns europeos
Amais establece que non se poderán incoporar a Unión aqueles Estados que non respecten os principios da Unión, entre os que se inclúe a democracia representativa. O único organismo comunitario electo, o Parlamento, só ten voz, pero sen voto, en cuestións básicas como a política económica, a pesqueira, a política exterior ou a política laboral. O Consello Europeo, que representa aos Estados, é plenipotenciario, e o Consello de Ministros queda reforzado.