A Europa que queremos
Vieiros
Opinión

Manuel Dios, presidente do SGEP

"Os partidos políticos non estiveron á altura das circunstancias"

[18/02/2005] Manuel Dios (Santiago, 1953) está licenciado en Maxisterio e Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Participiou n movemento sindical formando parte de diversas organizacións, coma o Sindicato Obreiro Galego ou a Intersindical Nacional Galega, que logo deu orixe á Confederación Intersindical Galega. Na actualidade e dende 1985 preside o Seminario Galego de Educación para a Paz.
Está de acordo coa convocatoria do referendo do 20 de febreiro?
Estou de acordo coa convocatoria. Considero que a fórmula do Referendo está infrautilizada no estado Español, mesmo creo que debera ser obrigado nalgúns casos, como por exemplo, nas intervencións militares.

Considera que dende as institucións se fomentou suficientemente o coñecemento do tratado por parte da cidadanía?
Parece evidente que dende as institucións non se fixo o suficiente para que a cidadanía coñecese o Tratado, pero coa mesma rotundidade considero que os partidos políticos, con carácter xeral, tampouco estiveron á altura das circunstancias, como tampouco o estiveron outras organizacións da sociedade civil.

Está a favor ou en contra desta constitución? Por que?
Estou a favor. Desde logo que o Tratado non é o mellor dos posibles. Sen embargo, unifica e explicita mellor os contidos fundamentais de tratados anteriores e debemos considerar que a construcción da UE é un proceso, non estamos, polo tanto, nunha estación términi, senón que camiñamos cara un modelo no que se afirman, para un territorio de 25 estados, os valores e os dereitos democráticos que, nalgúns dos países que agora son parte da UE, non existían, aspecto nada desdeñable, especialmente para os seus respectivos pobos.

Le outras opinións >>