|
Como votamos? Censo electoral · Case 344 millóns de europeos están chamados a participar nas eleccións europeas que se van celebrar entre o 10 e o 13 de xuño. Os comicios para o Parlamento Europeo convócanse cada 5 anos. · Serán as primeiras para os cidadáns da República Checa, Estonia, Chipre, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Eslovenia e Eslovaquia. Cantos deputados se elixen? · Os cidadáns do estado español elixen 54 eurodeputados, 10 menos ca na lexislatura anterior debido ao novo reparto de escanos provocado polo alargamento da UE. · As listas das candidaturas para as eleccións europeas son únicas e comúns en todo o territorio do estado español. Isto quere dicir que todos os cidadáns do estado español con dereito a voto, ao contrario que nas eleccións autonómicas e xerais, van poder elixir entre as mesmas candidaturas. A cincuncripción electoral, neste caso, é todo o territorio do estado. Quen pode votar? · Poden votar nestas eleccións todos os cidadáns maiores de idade inscritos no censo electoral e os cidadáns de calquera outro país da UE que residan no estado español, estean empadronados e manifestaran a súa vontade de votar no estado español nestas eleccións. · Se o día 13 de xuño algún votante ten que traballar deberá poder dispoñer de ata catro horas libres, que serán retribuídas, para o exercicio do dereito ao voto. · Só en Bélxica, Luxemburgo e Grecia é obrigatorio acudir a votar Cando se coñecen os resultados? · Os resultados das eleccións europeas en toda a UE coñeceranse a partir do domingo pola noite, cando pechen os colexios electorais das Illas Canarias, os últimos europeos en concluír os comicios. Con todo, o reconto definitivo farase o 16 de xuño e deberá concluír o día 19. A proclamación dos eurodeputados elixidos farase antes do 3 de xullo. ............................................................ « Portada Europa'2004 | Vieiros |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||