|
Participación A participación nas eleccións europeas en Galiza depende fundamentalmente de que coincida no tempo con outros comicios, ou non. De feito, mentres que en xuño de 1999 e en xuño de 1987, cando os comicios se celebraron a canda os municipais, votou un 65,6%, e un 57,6% respectivamente, en 1987 non votou nin a metade dos galegos (43,0%), e en 1994 só un chisco por riba da metade (51,79%). A de 1999 foi a única convocatoria en que a participación galega foi dun punto por riba da media estatal. Porén, en 1987 e 1989, a participación galega foi ata once puntos por debaixo da media estatal, e en 1994 oito puntos por debaixo
Por provincias A Coruña. 45,11% (62,68% en 1999; 50,07% en 1994) Lugo. 50,43% (70,3% en 1999; 53,49% en 1994) Ourense. 53,39% (71,3% en 1999; 55,54% en 1994) Pontevedra. 45,82% (65,05% en 1999; 51,67% en 1994) Máis datos de participación por provincias e por concellos podes atopala na web electoral do Ministerio do Interior. ............................................................ « Portada Europa'2004 | Vieiros |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||