Vieiros
Eleccions europeas

 LIGAZÓNS
 PARTIDOS
 INSTITUCIÓNS
 CANDIDATURAS
 PARTICIPACIÓN
 SONDAXES
 RESULTADOS
 QUE É O PARLAMENTO?
 COMO VOTAMOS?
 NACIÓNS SEN ESTADO
 PROBLEMAS DOS EUROPEOS


 

A Unión Europea e as nacións sen estado

O proxecto da construción europea foi ideado para facer dos Estados os seus actores centrais e determinantes. Aceptando a sentenza de Hegel sobre o carácter residual dos pobos sen historia, os Estados fundadores da Europa das Comunidades trazaron as liñas mestras dunha acción de cooperación supraestatal que desprezaba a existencia no seu seo das nacións sen Estado. Así, aquelas institucións que teñen un carácter máis europeísta e supraestatal, como o Parlamento ou a Comisión, se subordinaron politicamente ao Consello, onde se reúnen os Estados e repousa todo o poder executivo e o principal poder lexislativo da Comunidade.

A avivecida crise do Estado-nación alentada pola configuración de megapoderes económicos de carácter trasnacional e pola incapacidade das administracións estatais para asegurar a implementación eficiente de políticas públicas nunha contorna crecentemente globalizada, animan a transferencia de soberanía cara a instancias supraestais. Ao tempo, evidenciase unha crecente demanda cidadá para que se reforcen as competencias executiva das institucións subestatais -Comunidades autónomas, Länder, mancomunidades e concellos...- na aplicación das macropolíticas comunitarias que vén por igualmente en cuestión o papel directivo dos Estado na construción da nova Europa.

Demasiados pequenos para ser eficaces na execución de determinadas políticas, demasiado grandes para ser eficientes e autenticamente participativos no desenvolvemento doutras, os Estados membros da Unión reforzaron o seu posicionamento minimizando o recoñecemento de calquera outra instancia de autogoberno que non fosen os propios Estados. Adicionalmente tornaron a autodeterminación nun dereito político unicamente practicábel fóra do espazo político propio, ao mesmo tempo que o alentaban activamente no ámbito europeo non-comunitario como foi o caso da crise dos Estados do socialismo real na área balcánica e báltica.

O afianzamento do modelo de soberanía de Estado foi, non osbtante, acompañado por un vagaroso proceso de descentralización administrativa e política cara a entidades políticas intraestais e este fenómeno tivo expresión insitucional coa creación do Comité das Rexións e a Asamblea das Rexións como instancias consultivos dos órganos executivos comunitarios.

Actualmente en 8 dos 15 Estados membros existen 74 rexións ou nacionalidades con poder lexislativo, o que suma xa o 56% da población total da Unión Europea. Nacións sen Estado, CCAA, Länder e rexións que teñen Gobernos e Parlamentos propios con responsabilidades semellantes –a nivel lexislativo, executivo e xudicial– que os respectivos Estados membros. Con todo, estas instancias de autogoberno posúen, polo xeral, unha influencia menor á hora definir as posicións de negociación dos Estados membros respectivos nos debates no Consello e no momento decisivo de xestionar os Fondos Estruturais ou facer efectivos os programas comunitarios.

Malia os pronunciamentos do Comité e Asemblea de Rexións, da Conferencia de Asembleas Rexionais Lexislativas e do Parlamento Europeo subliñando que "a xestión dos programas comunitarios depende en cualquera caso cando menos tanto das rexiones e municipios como do poder central e que, en consecuencia, os textos fundadores da Unión non poden seguir ignorando a función destes interlocutores particulares, que deben contribuír tanto a incrementar la eficacia de las políticas comunitarias como a aproximar aos ciudadáns ao proceso de construción europea", o deseño da nova Constitución europea situouse inflexibelmente no campo da Europa dos Estados, moi afastado aínda da idea de facer realidade unha Europa dos cidadáns e dos pobos e un espazo para o recoñecemento do carácter plurinacional de moitos dos seus Estados membros.

............................................................
« Portada Europa'2004 | Vieiros

 





Foro
Últimas mensaxes:


Todas as entrevistas







No escaner