Vieiros
Eleccions Europeas

 LIGAZÓNS
 PARTIDOS
 INSTITUCIÓNS
 CANDIDATURAS
 PARTICIPACIÓN
 SONDAXES
 RESULTADOS
 QUE É O PARLAMENTO?
 COMO VOTAMOS?
 NACIÓNS SEN ESTADO
 PROBLEMAS DOS EUROPEOS


 

RESULTADOS OFICIAIS
O PP logra o 48 por cento dos votos en Galiza

[13 de Xuño] Co 97% do voto escrutado, o PP conseguiu en Galiza o 48% dos votos; o PSOE, 35,2 e o BNG, 12,8% . No que respecta ás outras forzas políticas, IU acadou o 1,5% dos votos, a coalición Europa dos Pobos, 0,08% e Nós-UP o 0,12% . Unha curiosidade: o Partido do Cánabo sitúase como quinta forza política en Galiza con máis de 3.000 votos e o 0,3%.





Foro
Últimas mensaxes:


Todas as entrevistas







No escaner


VALORACIÓNS POLÍTICAS
Fraga: "O PP volvería gañar unhas autonómicas"
[13 de Xuño] "Extrapolados os datos, o reparto de deputados no Parlamento galego quedaría 40-27-8, con maioría absoluta para o PP", afirmou Manuel Fraga na súa intervención logo de coñecérense os resultados desta cita electoral. Por outra banda, o candidato do BNG Camilo Nogueira, logo de confirmarse que volverá sentar no Europarlamento dixo lamentar a baixa participación, que na súa opinión "foi promovida polos partidos estatais". Dende o PSdeG, Emilio Pérez Touriño asegurou que os resultados amosan que o seu partido "é a alternativa para Galiza" nas próximas autonómicas.

VALORACIÓN DE RAMÓN VILLARES, CATEDRÁTICO DE HISTORIA CONTEMPORÁNEA
"Agudízase o bipartismo"
[13 de Xuño] Nunha primeira impresión despois de coñecer os resultados electorais, o profesor Ramón Villares achaca a alta abstención a que a campaña electoral estivo centrada, sobre todo por parte dos partidos maioritarios, "en cuestións moi domésticas e pouco europeas". Villares cre que a pesar de que Camilo Nogueira repetira escano, "o nacionalismo baixou porcentualmente e reforzouse o bipartidismo no estado".

VALORACIÓN DE XULIO RÍOS, DIRECTOR DO IGADI
"Os resultados amosan un défice democrático, social e de protagonismo internacional da UE"
[13 de Xuño] "Os resultados chegan na liña do agardado e aparece coma dato máis relevante a abstención, non só en Galiza ou no Estado, senón no resto de países membros, incluídos os dez recentes da ampliación. Estas cifras amosan que Europa non acaba de entusiasmar aos cidadáns", opina Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise Internacional.

ANÁLISE DE MANUEL M. BARREIRO
Eclipse electoral
[13 de Xuño] Vitorias pírricas, avances minimalistas e baixísima participación cidadá é o que ofreceron unhas eleccións ao Parlamento Europeo apreixadas no corsé ideolóxico do bipartidismo PP-PSOE. A altísima abstención e os resultados de Galeusca e Europa dos Pobos supoñen un forte revés para o bipartidismo estatalista. Galiza será desde agora o teatro de operacións máis decisivo para resolver a repartición de poderes e a gobernabilidade futura do Estado. O posfraguismo terá como superación unha maioría nacionalista e progresista se o BNG e o PSdeG son quen de resolver a correlación de debilidades que contribúen a entalar o autogoberno galego nunha declinante hexemonía conservadora. Unha análise de Manuel M. Barreiro.

RESULTADOS EN TODA EUROPA
Os conservadores seguen dominando a Eurocámara
[13 de Xuño] Os partidos conservadores seguirán dominando o Parlamento europeo, malia o leve descenso dos seus representantes. Polo demais, a tónica xeral foi a do castigo aos partidos gobernantes: Alemaña, Portugal, Francia, Reino Unido, Italia, Irlanda... e incluso Malta. Velaquí os resultados completos de todos os estados.

RESULTADOS EUROPA
Portugal vira á esquerda
[13 de Xuño] O goberno de coalición de centrodereita portugués (PSD-PP) sufriu unha forte derrota nas eleccións europeas e conseguiu só 9 parlamentarios. Os socialistas impuxéronse cunha porcentaxe do 44,5%. O Bloco de Esquerda entra na Eurocámara, e a CDU comunista mantén as súas posicións (2 escanos)
Datos completos na web do Ministerio de Xustiza.

MAIOR ABSTENCIÓN
A participación na UE non chega ao 45 por cento
[13 de Xuño] As primeiras estimacións sobre participación no conxunto da UE sinalan que se produciu unha abstención de máis do 55 por cento. A participación, por tanto, baixou case 5 puntos en relación ás anteriores eleccións europeas de 1999. A maior abstención produciuse nos 10 países que foron os últimos en incorporarse. Só Irlanda e Grecia superaron o 50 por cento de participación.



............................................................
Noticias anteriores




Resultados 99%


Resultados Galiza 99,8%


Participación en Galiza - final


Participación no estado - final