Especial
Un ano de loito
marea negra

Os galegos xa non contestan: "pasou o que pasou" cando lles preguntan polo Prestige. A sociedade non se resigna a vivir nun descoñecemento cómplice. Hai quen quere construír un país a golpe de talonario e quen reclama poder exercer a súa condición de cidadán nunha sociedade máis limpamente democrática. Fronte o discurso da aparencia das praias libres de fuel imponse unha realidade non tan esplendorosa. Sobre todo, porque unha catástrofe semellante pode volver suceder.

Dispositivo de emerxencia
Un ano despois do Prestige os responsables de xestionar a catástrofe insisten en que volverían actuar como o fixeron. Pero, de verdade, non se podería facer moito mellor? A crónica dun desastre que podería non ter acontecido.

Nunca Máis: a resistencia
Nunca Máis liderou as maiores mobilizacións da historia de Galiza. Logo de 365 días de dignidade, a plataforma esgrime a súa vitalidade como a demostración do sentido das súas reclamacións.

Abriuse a rede
Internet emerxeu durante a catástrofe como medio de referencia para canalizar a morea de información que xerou a propia sociedade. Coverteuse no servicio público que non asumiron os medios gobernamentais.

Informar, desinformar, contrainformar
O Prestige foi un reto e un exame para os medios e unha mostra do fracaso da comunicación institucional. Ofrecémoslles a experiencia dos que estiveron alí para contalo.

Fronte a catástrofe: mariñeiros e voluntarios
As xentes do mar e os voluntarios compartiron a responsabilidade de facer o traballo suxo. Foron os primeiros en apañar o fuel e os últimos nos despachos.

Marea de creatividade
A necesidade de activar simbólicamente a reacción fronte a catástrofe provocou un auténtico estoupido de creatividade. Todos os xéneros e soportes foron utizados para darlle saída a unha realidade que ameazaba con cubrirnos a todos coa súa negra sombra.

Xeración Prestige
Os escolares levantáronse dos pupitres e foron o mar. A comunidade educativa comprometeuse para que nenos e mozos viviran e comprenderan o que estaba pasando. Para o goberno, a pedagoxía foi unha ameaza.

O principio de incerteza
A catástrofe do Prestige puxo tamén en cuestión a suposta neutralidade da investigación científica e o compromiso das universidades e os centros de estudio coa sociedade que os sustenta. As advertencias da maior parte da comunidade científica bateron contra o escurantismo dos que intentaron negar a evidencia do desastre.

A imaxe da catastrofe
Elixe o lema
Quen dixo que

 CRONOLOXÍA
Cronoloxía da catástrofe

 AS IMAXES
- Manifestación do 23F en Madrid
- Maniestación do 1 de decembro en Compostela
- A Cadea Humana
- Galería de fotos
- Gráfico da zona afectada
- Imaxe de satélite

 FOROS
Deixa a túa opinión

 OUTRAS MAREAS NEGRAS
- Cinco en Galiza desde 1976. Do Urquiola ao Prestige
- Alaska, 1989. Exxon Valdez
- Bretaña, 1999. Erika
- Yemen, 2002. Limburg
- Galápagos, 2001. Jessica

 POSTAIS
Postais elaboradas polos humoristas gráficos galegos sobre a catástrofe do Prestige.


Vieiros