Especial
Un ano de loito
marea negra
Palabras pola dignidade

Frases de impotencia e xenreira, verbas contra a inoperancia, berros de indignación,… espantando os petróleos do peito, un país que pide respeto, para a terra, para o mar, para xente,… retranca, humor e música contra a resinación, pensamentos en voz alta que volverán estoupar este outono como unha castaña sen amosegar: palabras pola dignidade.


O do bigote, que limpe o chapapote
Televisión, manipulación
Fraga, Aznar, ao fondo do mar
Petróleo nas praias, emigrantes a Canarias
Onde está, que non se ve, a prensa libre do PP
Incompetencia, lalalalaala, incompetencia... (música: I love you baby)
Acórdate do mar cando vaias a votar.
A monarquía, que limpe a nosa ría
Goberno de preas, limpade estas mareas
O da gomina é o que contamina
Onde está, a Te Uve Gá?
Fraga, cacique, Galiza vai a pique
Con tanta policía, limpábamos a ría
Isto nos pasa, por un goberno facha
Fraga, escoita, Galiza está en loita



Ver resultados

Vieiros | Especial: Un ano de loito